Skip directly to content

Chus Prol

Chus Prol's picture

About

Pertenzo a unha xeración de profesionais que valoran a súa liberdade e un modelo diferente de relación laboral máis flexible e personalizada.

Acredito en que, tras anos de formarnos para sermos competitivos e acadar obxectivos individuais, a solución a moitas das dificultades actuais vén da man da colaboración.

Traballei dirixindo centros de traballo e equipos comerciais; fixen coaching; impartín formación en ventas e en marketing; axudei a persoas a sacar o mellor de sí mesmos en procesos de búsqueda de emprego: ensinei español a inmigrantes; xestionei formación e non deixei de me formar. A educación e a didáctica é a outra forma coa que me achego ás persoas, a miña verdadeira vocación.

Afronto o futuro como xestora dun espazo de Coworking no que teñen cabida coworkers empeñados en desenvolverse como persoas e como profesionais, onde contribuamos á dinamización da cidade e onde, como coworker, poida seguir sumándome aos proxectos e iniciativas de xente que admiro.

Grazas aos que estiveron aí antes, aos que estades agora, e sobre todo, aos que estaredes sempre, por facer que as cousas sucedan DOUTROXEITO.